ARELA
A nosa experiencia, a súa seguridade.
A túa satisfacción, a nosa mellor recompensa.
Servicios de atención para personas mayores
Experimente a diferenza de ARELA
O centro de día Arela abríu as súas portas no ano 2006, tendo como principal obxectivo lograr a través da actividade psico-funcional a readquisición dunha maior funcionalidade e unha mellor capacidade cognitiva, que aumente a autonomía e independencia dos nosos maiores, para obter unha mellor calidade de vida e benestar social e individual, o que redundará en mellorar o seu estado de saúde.
Adaptámonos ás necesidades concretas de cada usuario/a, para poder desenvolver deste xeito o programa psico-funcional específico con cada un/unha.
O mantemento físico psico-funcional desenvólvese a través dun programa de actividades cognitivas e funcionais realizadas e apoiadas entre sí. Levánse a cabo de xeito interdisciplinar, personalizado e integral, tratando de maneira preventiva, terapéutica e de mantemento as alteracións que poidan aparecer nas persoas maiores, ben sexa por un proceso patolóxico ou evolutivo.
Tras aplicar a valoración xeriátrica de cada usuario/a, levánse a cabo as actividades do programa de forma individual ou en pequenos grupos, segundo o nivel asistencial.
Por que escoller ARELA?
A nosa dedicación a unha vida excepcional para persoas maiores é evidente na nosa atención especializada e comprensiva.